Os pasados 10, 11 e 12 de marzo tivo lugar en Lalín a primeira feira de artesanía alimentaria que baixo o nome de Merca Delicadeza que se instalou na Praza dá Igrexa e contou cunha ampla representación de produtos procedentes de toda Galicia.
O evento, supuxo a novidade engadida este ano aos actos relacionados co Cocido, contou con dous escenarios:
Unha carpa que acolleu 29 postos, 28 deles de diferentes produtores e un da Asociación Galega de Operadores de Artesanía Alimentaria e Pensos que preside o lalinense, Carlos Brea, promotor da iniciativa en colaboración co Concello de Lalín e Agacal, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
Un escenario onde se desnvolveron actuacións musicais a cargo de grupos lalinenses
Ademais de sumar outros espazos contiguos onde houbo talleres para adultos e para nenos.
A feira foi presentada no consistorio lalinense por Carlos Brea; o director de Agacal, José Luis Cabarcos; o alcalde de Lalín, José Crespo e o concelleiro Avelino Souto. Brea apuntou que en Merca Delicadeza presentarase tamén un libro de cociña elaborado por cociñeiros lalinense e que será impreso por Alvarellos. Neste volume participan o cociñeiro lalinense Marco Varela, actualmente chef en Ourense; Patricia Galego de Qïchen; Pili González da Cunca e Alberto González de Casa Currás. O libro poderase adquirir na feira e posteriormente en librerías.