Co fin de dar a coñecer o distintivo de Artesanía Alimentaria e promocionar estes produtos certificados, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria organizou os días 16 e 17 de setembro, coincidindo coa Festa da Pataca de Coristanco, un mercado de artesanía dirixido ao consumidor final. O mercado estivo instalado na Rúa do Muíño de Coristanco.
Nos seus 22 postos de venda ao público, as empresas participantes tiveron ocasión de vender produtos certificados co distintivo de Artesanía Alimentaria como: aceite, lácteos, conservas, embutidos, patés, té, especias, marmeladas, repostería, xeados, sidra, cervexa ou mel.
Para dinamizar o mercado contouse ademáis, cun programa de actividades variado: charlas técnicas e divulgativas, talleres para adultos e nenos, tamén se celebraron sorteos de lotes de produtos.