Trátase dunha actividade que organiza a Asociación Galega de Operadoras Artesanais de Alimentación e Pensos (AGOAAP).
As xornadas sobre artesanía alimentaria inclúen tres citas:
A programación de hoxe en Friol arrincou pola mañá no Centro Público Integrado Doutor López Suárez e continuou con actividades centradas nos selos de calidade e a sustentabilidade deste negocio.
O programa finalizou cun showcooking celebrado nas instalacións de Traloagro S.L.
Grazas á liña de axudas da Deputación para entidades que traballan nas reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, un total de 37 asociacións poden desenvolver neste ano 2023 proxectos vinculados co medio ambiente e co rural que poñen en valor o seu patrimonio, cultural e paisaxístico, contribuíndo desta forma para aproveitar os recursos propios como factor de dinamización social e de desenvolvemento económico.