• artesania@agoaap.org
  • +34 636 79 33 90

Xornada 'Artesanía Alimentaria: Marca a Diferenza' en Navia de Suarna

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, levará a cabo unhas xornadas técnicas para promocionar a nova figura de calidade diferenciada Artesanía Alimentaria. A Axencia dará a coñecer este distintivo e a importancia do produto alimentario artesán como alimento de calidade coas Xornadas Artesanía Alimentaria 2023, que terán lugar en varios concellos galegos.

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria pretende, con esta iniciativa, expoñer os requisitos normativos, os procedementos para rexistros e as vantaxes de pertencer a Artesanía Alimentaria, ademais de presentar outras figuras de calidade diferenciada ou certificacións públicas.

Entre os participantes atópanse empresas artesanais, tendas gourmet e bloggers gastronómicos, que achegarán os seus coñecementos e as súas experiencias na produción e comercialización de produtos alimentarios artesáns aos asistentes a estas xornadas de promoción.

Imaxe Cartel Xornadas Artesanía Alimentaria Navia de Suarna