• artesania@agoaap.org
  • +34 636 79 33 90

ORDE do 16 de febreiro de 2022 pola que se aproban diversas normas técnicas e os distintivos identificadores da artesanía alimentaria.

DOG Núm. 44 Viernes, 4 de marzo de 2022 

A Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, constitúe o marco legal actual da artesanía alimentaria en Galicia, de acordo con o recolleito na súa disposición final segunda. Esta lei dedica o capítulo terceiro do seu título terceiro a facer unha regulación inicial desta actividade a expensas dun posterior desenvolvemento regulamentario.

DECRETO 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria.

DOG Núm. 27 Lunes, 10 de febrero de 2020

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17, atribúe a esta comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de artesanía e o artigo 30.I.4 atribúelle competencias exclusivas, de acordo con as bases e a ordenación da actuación económica
xeral e a política monetaria do Estado, en materia de comercio interior e a defensa
do consumidor e usuario.
A Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, constitúe o marco legal actual da artesanía alimentaria en Galicia de acordo con o recolleito na súa disposición final segunda, que deixou a este sector á marxe do establecido
con carácter xeral pola Lei 1/1992, do 11 de marzo, reguladora da artesanía de Galicia.