• artesania@agoaap.org
  • +34 636 79 33 90

Asociación

Equipo
Quen somos e que facemos

A Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentación e Pensos é unha asociación empresarial de ámbito rexional que ten como principal obxectivo dinamizar e potenciar o consumo de produtos alimenticios artesanais entre os consumidores.

A nosa principal misión é unir a un crecente número de artesáns e pequenos produtores galegos, conformando unha unión que lles dea a capacidade de canalizar as súas inquedanzas e peticións tanto á Xunta como á Sanidade.

Na actualidade, representamos a máis de 50 produtores de diversos sectores e categorías, traballando arreo para fortalecer e promover a excelencia na produción de alimentos rexional. Apostamos polo crecemento e a prosperidade dos nosos asociados, promovendo a calidade e autenticidade dos produtos artesáns galegos.

Promoción e Difusión

Organizar e participar en mercados, feiras e exposicións. Organizar obradoiros divulgativos.
Informar ós consumidores sobre os beneficios da Artesanía Alimentaria

Fomentar o Produto Artesán

Potenciar a produción e transformación de produtos, e facilitar as canles de distribución e comercialización.

Defensa dos Intereses dos Asociados

Defender os intereses dos operadores artesanais, asegurar a aplicación xusta da lexislación alimentaria e colaborar coas administracións no desenvolvemento de normativa e formación.

Colaboración e Cooperación

Facilitar a creación de redes e promover alianzas estratéxicas.

Xestión e Administración Eficiente

Buscar fontes de financiamento para a sostibilidade da asociación e xestionar os recursos de forma transparente e eficiente.
Equipo

Xunta Directiva

Carlos Brea

Presidente

Adrián Pérez

Secretario

Joaquín Pérez

Tesoureiro

Isabel Gómez

Vogal

Nuria Calo

Vogal