O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, é xa unha cita consolidada que na súa 26ª edición constitue de novo un espazo imprescindible para todos os profesionais do ámbito agroalimentario no noroeste peninsular.
Non faltaron múltiples organizacións, pequenos produtores, artesáns, industria e a gran distribución, que, en conxunto, conformaron un foro excepcional para interaccionar, transferir coñecementos, cooperar, facer negocio e incrementar notoriedade ante o sector e o público final.
Un certame que se enmarcou na cita crave no calendario de todos os galegos, a 45ª FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA.
Un evento emblemático que volveu apostar por ser un fiel reflexo da nosa terra e da magnífica evolución da cadea de valor do sector primario. E no que a alimentación foi un dos seus eixos principais, a través de Salimat Abanca.
Fonte: salimat.es