• artesania@agoaap.org
  • +34 636 79 33 90

Gastrotur do Ulla

Durante os pasados días 17, 18 e 19 de maio, A Estrada acolleu a celebración do Gastrotur do Ulla.

No marco deste certame —que terá periodicidade anual ou bianual— celebrouse unha feira de artesanía alimentaria na que participaron corenta artesáns galegos, sendo polo menos 15 deles da comarca. O obxectivo foi dar a coñecer ao público as elaboracións que conteñen o selo que avala os produtos do mar ou do agro fabricados de modo artesanal. Entre as actividades promocionais previstas por Agacal contempláronse catas, xornadas técnicas, obradoiros, showcookings e xornadas de degustación.