Asociación
A Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentación e Pensos é unha asociación empresarial de ámbito rexional que ten como principal obxectivo dinamizar e potenciar o consumo de produtos alimenticios artesanais entre os consumidores.
A nosa principal misión é unir a un crecente número de artesáns e pequenos produtores galegos, conformando unha unión que lles dea a capacidade de canalizar as súas inquedanzas e peticións tanto á Xunta como á Sanidade.
Na actualidade, representamos a máis de 50 produtores de diversos sectores e categorías, traballando arreo para fortalecer e promover a excelencia na produción de alimentos rexional. Apostamos polo crecemento e a prosperidade dos nosos asociados, promovendo a calidade e autenticidade dos produtos artesáns galegos.