Asociados
Artesáns asociados
Na actualidade a Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentaión e Pensos conta con case 50 asociados de distintas categorías.
A Factoría do Lume
Phone: 644 766 411
Email: info@afactoriadolume.es
Categories: Infusións e condimentos, Orixe Vexetal
A Meixoeira
A Meixoeira, con gandería propia,elabora queixo artesán de cabra.
Temos os mellores productos da horta tradicional e artesanía alimentaria.
Abella Meiga
Pequena empresa familiar dedicada á apicultura dende hai máis de corenta anos.
Producimos mel ecolóxico artesán de alta montaña nos Ancares lucenses. Ofrecemos mel de bosque, con alta presenza de savia de carballo e mel monofloral de castiñeiro. Sempre exento de químicos, crú sen superar nunca os 40° C, de produción local de cercanía e elaborado pola nosa abella negra local.
Aceiroga
Un aceite extraordinario e novidoso producido no Val de Quiroga, ao sur da provincia de Lugo. As olivas das que se extrae este auténtico ouro líquido proceden de oliveiras centenarias, só do noso propio oliveiral, no cal os coidados e seguimento da colleita son constantes para garantir a calidade da oliva.
Aceites Figueiredo
Aceites Figueiredo leva o nome da aldea de Ribas de Sil, na comarca de Quiroga, na que crecen as oliveiras que fan posible un aceite de oliva excepcional, elaborado 100% a partir de olivas autóctonas, das variedades Brava e Mansa galegas.
O aceite de Figueiredo procede exclusivamente do froito de máis de 1300 oliveiras vellas, a maior parte delas centenarias, que poboaron a comarca de Quiroga desde sempre. A ausencia de cultivos en intensivo é un distintivo de Aceites Figueiredo, que o diferencia da maior parte de produtores.
Aceites Figueiredo conta coa súa propia almazara, para a elaboración de aceite de oliva Premium, mediante o prensado en frío da oliva no seu punto óptimo de maduración.
Airas Moniz
A “Queixería Airas Moniz” vén a demostrar a persistencia e o dinamismo dunha xeración nova de emprendedores que xestionan o seu porvir desde unha comarca depredada e en vías de desaparecer o enorme volume de produción de leite e carne vacún. O entusiasmo e a programación destes tres asociados, en investir en algo tan importante, autóctono e tradicional como é o queixo, non deixa de ser un acto de dignificación e coraxe, na transformación gandeira do noso país.
As Camposeiras
As Camposeiras leva en Oleiros (A Coruña) dende o 2010 elaborando mermeladas de tempada de forma artesanal, aproveitando froita e verdura km0. As veriedades van dende o tradicional ate as mixturas de varias froitas, especias ou licores. O seu sabor ao igual que o seu aspecto recolle a tradición das receitas antigas. Probalas é voltar as conservas da casa.
Bisqato
Bisqato é un taller lácteo artesanal situado en Guitiriz (Lugo) froito do amor de dous veterinarios polo rural galego que decidiron alonxarse dos polígonos industriais e restaurar unha antigua casona do século XIX para elaborar alí, queixos de leite crú con leite ecolóxico de pastoreo.
Campo Capela
Na Cooperativa Campo Capela elaboramos con moito mimo e coidado produtos lácteos artesáns de leite cru, como o facían os nosos antepasados. A nosa materia prima procede das granxas dos nosos socios, próximas á nosa sede, todas elas de pequeno tamaño e con vacas en réxime semi-extensivo. Desde xeito producimos queixos de calidade, con un sabor diferenciado e seguimos mantendo produtos do legado popular da nosa zona como o requeixo, típico da comarca do Eume.
Casa Baltar
Casa Baltar se destaca por la producción diaria de un dulce de leche exclusivo, elaborado con leche fresca de calidad y un meticuloso proceso artesanal. Cada paso, desde la selección de ingredientes hasta la elaboración, contribuye a crear un producto distintivo y auténtico que deleita los paladares con su sabor único.
Caurelor
Elaboramos de forma artesan marmeladas de froitas da Serra do Caurel:Castañas en almibar,Crema de Castañas, Mermelada de Cereixas, Mermelada de Moras, …
Cervexa Menduíña
Menduiña. Cervexa galega artesá.
Pioneira en Galicia, fundada en 2008, sendo a microcervexeira galega máis galardoada, elabora cervexa artesá totalmente natural, seguindo o calendario lunar, con pequenas producións moi coidadas, ofrecendo unha variada gama de estilos, todas veganas e algunhas delas sen gluten.
Condado Paradanta
O Requeixo das Neves é un queixo único en Galicia, con personalidade propia; pola súa forma característica que se conserva intacta ao longo dos anos e pola súa elaboración e ingredintes: leite de vaca, callo, fermentos lácticos e moito agarimo. O seu aspecto nacarado e o seu aroma fresco invitan a degustalo e o seu sabor provoca o pracer de lembrar “os sabores da infancia”. Gran versatilidade na cociña actual. Se queres mercar requeixo por internet accede a él directamente dende este enlace.
Daniberto
A elaboración do Queixo San Simón da Costa combina unha receita tradicional coas mellores materias primas e un rigoroso control hixiénico-sanitario. Dous aspectos destacados no proceso de elaboración outórganlle o seu sabor e aroma particulares: a materia prima e o afumado.
A zona óptima de produción de leite para a elaboración dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida “San Simón da Costa” abrangue a comarca da Terra Chá, en Lugo. Esta área inclúe os seguintes concellos: A Pastoriza, Begonte, Muras, Xermade, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Cospeito.
Don Pedro Leivas
Adega Pedro Leivas, lagar de sidra en teras altas de Riotorto – Lugo, onde a mazá faise Sidra Salvaxe.
A paisaxe, a arquitectura popular rehabilitada, a explotación agrícola de maceiras, en ladeira pronunciada orientada ao sur e a artesanía alimentaria, herdanza da sabedoría de xeracións pasadas, permítenos ofrecer a nosa sidra natural, depois dunha elaboración coidadosa e unha maduración paciente.
Embutidos Suarna
Sabores que nos traen recordos da Nosa infancia.
Dende os Ancares, dende Navia de Suarna.
Galletas Xianas
Phone: 698 190 876
Email: silvans@galletasxianas.gal
Categories: Fariñas, Panadería, confitería, pastelería e pastas
Jamones González
En 1923, Manuel González funda Jamones González en un pequeño almacén en O Corgo, estratégicamente cerca de la estación de ferrocarril de Laxosa, medio de transporte clave en aquella época.
En 2024, 101 años después, vamos por la tercera generación de González y seguimos fieles a los valores y principios que fueron los cimientos de la idea de Manuel. Elaboramos recetas de productos arraigados en tierras gallegas, con mimo y esmero. Cuidamos que las materias primas sean de origen sostenible y de inmensa calidad. Y además, aunamos las mejoras tecnológicas a nuestro alcance para conservar nuestro sabor de siempre.
Nos dedicamos a la elaboración de productos cárnicos de porcino .
Kalekoi
“Desde o rural galego, decidimos recuperar a traballo que comezaron os nosos avós en 1974.
Respectando a orixe e a tradición controlamos cada etapa de elaboración do noso produto para conseguir un sabor único.”
Mamá Teresa
Phone: 628429257
Email: mamateresadocesartesans@gmail.com
Categories: Panadería, confitería, pastelería e pastas
Traballamos día a día para ofrecer unha alternativa de calidade a todas as persoas que buscan un doce artesanal, único e distinguido. Exclusividade, proximidade e principios vencellados ao rural son fundamento para deixar pegada nos padais de quen se anime a degustar os nosos produtos.
Mareterra
Phone: 607 46 75 52
Email: info@mareterraconservas.com
Categories: Conservas vexetais, Derivados da pesca
MARETERRA CONSERVAS é unha empresa creada no ano 2015, cuxa actividade principal é a elaboracion de conservas artesanais sen glute, sen aditivos e sen conservantes.
Na zona de As Vendas no concello de Esgos, nunha privilexiada contorna natural, é onde esta situado o noso obradoiro artesanal.
Como indica o noso nome utilizamos materias primas do mar e da terra, buscando receitas orixinais para ter entre nosas referencias produtos orixinais que poidan sorprender ao noso clientes.
Mel Conde Santo
O noso produto é unha mel artesá e natural, elaborada en bosques de Galicia, dende a montaña de Ourense ata a costa da Mariña lucense.
Coidamos abellas autóctonas, Apis mellifera, así mantemos as cualidades que esta abella conseguiu ao longo de miles de anos, adaptándose ao entorno e, o máis importante, contribuíndo á polinización da flora.
A nosa produción é propia, limitada e artesanal, non usando sistemas de homoxeneizado nin pasteurizado, polo que poden existir pequenas variacións organolépticas en cada envase, así como a cristalización da mesma, sinal inequívoca que o garante.
Melanger Pastelería
Phone: 682 715 438
Email: info@melangerpasteleria.es
Categories: Panadería, confitería, pastelería e pastas
En Melanger amamos o que facemos. Somos un obradoiro de pastelería que atende a dous principios: o respecto polo produto e a calidade das materias primas.
O Poder das Flores
O Poder das Flores nace do cariño cara ao noso rural galego mesturado cunha enorme paixón polo marabilloso mundo da apicultura.
Todos os nosos produtos son de colleita propia e a nosa meta é sempre ofrecer a máxima calidade e frescura. Ademais, o noso traballo axuda á polinización da flora próxima aos nosos colmeares, mantendo moi viva a biodiversidade e respectando un equilibrio natural.
O Rexo
O noso queixo nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza.
Un legado no que cremos que se pode prosperar, producindo de xeito artesanal cada unha das nosas pezas, cun leite de primeira calidade ligado ao pastoreo e a tradición gandeira.
Sacrapastas
Phone: 982 465 057
Email: sacrapastas@gmail.com
Categories: Panadería, confitería, pastelería e pastas
Feitas de xeito artesanal, conservando a receita de sempre para manter viva a tradición da nosa vila.
Trasdeza Natur
Dende 2016 producindo e transformando froitas e hortalizas ecolóxicas mediante a técnica do deshidratado, empregando enerxía solar.
Innovación e sustentabilidade aplicada á horta.
Premio AGADER 2018, Premio Excelencia a la Innovación 2020 do MAPA, Premio Semente Ribeira Sacra 2020, Premio BBVA&Celler Can Roca a los Mejores Productores Sostenibles 2023.
Xearte Brigitte
Xearte Brigitte, naceu no 2014 pasou de ser unha dedicacion profesional a ser unha paixon persoal asi foi como Brigida Hermida descubriu toda a paixon e investigacion que poida desenrolar no mundo do xeado artesan.
A dia de hoxe leva elaborado mais de 500 sabores todos empregando producto local artesano e de proximidade. emprega a mellor materia prima do mercado asi como sen colorantes nin conservantes artificiais.
dispoñen dunha ampla gama de sabores e libres de intolerancias alimentarias, sen lactosa, sen gluten, aptos para vegados