• artesania@agoaap.org
  • +34 636 79 33 90

Asociados

Membros de Agoaap
Membros

Artesáns asociados

Na actualidade a Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentaión e Pensos conta con case 50 asociados de distintas categorías.

 
imaxe logotipo Aceiroga

Aceiroga

Phone: 629 492 973
Email: info@aceiroga.com
Categories: Aceite de oliva

Un aceite extraordinario e novidoso producido no Val de Quiroga, ao sur da provincia de Lugo. As olivas das que se extrae este auténtico ouro líquido proceden de oliveiras centenarias, só do noso propio oliveiral, no cal os coidados e seguimento da colleita son constantes para garantir a calidade da oliva.

Aceites Figueiredo

Aceites Figueiredo leva o nome da aldea de Ribas de...

 
Imaxe logotipo aceites Figueiredo

Aceites Figueiredo

Phone: 653 58 78 10
Email: aceitesfigueiredo@gmail.com
Categories: Aceite de oliva

Aceites Figueiredo leva o nome da aldea de Ribas de Sil, na comarca de Quiroga, na que crecen as oliveiras que fan posible un aceite de oliva excepcional, elaborado 100% a partir de olivas autóctonas, das variedades Brava e Mansa galegas.
O aceite de Figueiredo procede exclusivamente do froito de máis de 1300 oliveiras vellas, a maior parte delas centenarias, que poboaron a comarca de Quiroga desde sempre. A ausencia de cultivos en intensivo é un distintivo de Aceites Figueiredo, que o diferencia da maior parte de produtores.
Aceites Figueiredo conta coa súa propia almazara, para a elaboración de aceite de oliva Premium, mediante o prensado en frío da oliva no seu punto óptimo de maduración.