Asociados
Artesáns asociados
Na actualidade a Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentaión e Pensos conta con case 50 asociados de distintas categorías.
A Meixoeira
A Meixoeira, con gandería propia,elabora queixo artesán de cabra.
Temos os mellores productos da horta tradicional e artesanía alimentaria.
Airas Moniz
A “Queixería Airas Moniz” vén a demostrar a persistencia e o dinamismo dunha xeración nova de emprendedores que xestionan o seu porvir desde unha comarca depredada e en vías de desaparecer o enorme volume de produción de leite e carne vacún. O entusiasmo e a programación destes tres asociados, en investir en algo tan importante, autóctono e tradicional como é o queixo, non deixa de ser un acto de dignificación e coraxe, na transformación gandeira do noso país.
Bisqato
Bisqato é un taller lácteo artesanal situado en Guitiriz (Lugo) froito do amor de dous veterinarios polo rural galego que decidiron alonxarse dos polígonos industriais e restaurar unha antigua casona do século XIX para elaborar alí, queixos de leite crú con leite ecolóxico de pastoreo.
Campo Capela
Na Cooperativa Campo Capela elaboramos con moito mimo e coidado produtos lácteos artesáns de leite cru, como o facían os nosos antepasados. A nosa materia prima procede das granxas dos nosos socios, próximas á nosa sede, todas elas de pequeno tamaño e con vacas en réxime semi-extensivo. Desde xeito producimos queixos de calidade, con un sabor diferenciado e seguimos mantendo produtos do legado popular da nosa zona como o requeixo, típico da comarca do Eume.
Casa Baltar
Casa Baltar se destaca por la producción diaria de un dulce de leche exclusivo, elaborado con leche fresca de calidad y un meticuloso proceso artesanal. Cada paso, desde la selección de ingredientes hasta la elaboración, contribuye a crear un producto distintivo y auténtico que deleita los paladares con su sabor único.
Condado Paradanta
O Requeixo das Neves é un queixo único en Galicia, con personalidade propia; pola súa forma característica que se conserva intacta ao longo dos anos e pola súa elaboración e ingredintes: leite de vaca, callo, fermentos lácticos e moito agarimo. O seu aspecto nacarado e o seu aroma fresco invitan a degustalo e o seu sabor provoca o pracer de lembrar “os sabores da infancia”. Gran versatilidade na cociña actual. Se queres mercar requeixo por internet accede a él directamente dende este enlace.
Daniberto
A elaboración do Queixo San Simón da Costa combina unha receita tradicional coas mellores materias primas e un rigoroso control hixiénico-sanitario. Dous aspectos destacados no proceso de elaboración outórganlle o seu sabor e aroma particulares: a materia prima e o afumado.
A zona óptima de produción de leite para a elaboración dos queixos amparados pola Denominación de Orixe Protexida “San Simón da Costa” abrangue a comarca da Terra Chá, en Lugo. Esta área inclúe os seguintes concellos: A Pastoriza, Begonte, Muras, Xermade, Abadín, Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Cospeito.
Kalekoi
“Desde o rural galego, decidimos recuperar a traballo que comezaron os nosos avós en 1974.
Respectando a orixe e a tradición controlamos cada etapa de elaboración do noso produto para conseguir un sabor único.”
O Rexo
O noso queixo nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza.
Un legado no que cremos que se pode prosperar, producindo de xeito artesanal cada unha das nosas pezas, cun leite de primeira calidade ligado ao pastoreo e a tradición gandeira.
Xearte Brigitte
Xearte Brigitte, naceu no 2014 pasou de ser unha dedicacion profesional a ser unha paixon persoal asi foi como Brigida Hermida descubriu toda a paixon e investigacion que poida desenrolar no mundo do xeado artesan.
A dia de hoxe leva elaborado mais de 500 sabores todos empregando producto local artesano e de proximidade. emprega a mellor materia prima do mercado asi como sen colorantes nin conservantes artificiais.
dispoñen dunha ampla gama de sabores e libres de intolerancias alimentarias, sen lactosa, sen gluten, aptos para vegados