Asociados
Artesáns asociados
Na actualidade a Asociación Galega de Operadores Artesáns de Alimentaión e Pensos conta con case 50 asociados de distintas categorías.
Abella Meiga
Pequena empresa familiar dedicada á apicultura dende hai máis de corenta anos.
Producimos mel ecolóxico artesán de alta montaña nos Ancares lucenses. Ofrecemos mel de bosque, con alta presenza de savia de carballo e mel monofloral de castiñeiro. Sempre exento de químicos, crú sen superar nunca os 40° C, de produción local de cercanía e elaborado pola nosa abella negra local.
Condado Paradanta
O Requeixo das Neves é un queixo único en Galicia, con personalidade propia; pola súa forma característica que se conserva intacta ao longo dos anos e pola súa elaboración e ingredintes: leite de vaca, callo, fermentos lácticos e moito agarimo. O seu aspecto nacarado e o seu aroma fresco invitan a degustalo e o seu sabor provoca o pracer de lembrar “os sabores da infancia”. Gran versatilidade na cociña actual. Se queres mercar requeixo por internet accede a él directamente dende este enlace.
Mel Conde Santo
O noso produto é unha mel artesá e natural, elaborada en bosques de Galicia, dende a montaña de Ourense ata a costa da Mariña lucense.
Coidamos abellas autóctonas, Apis mellifera, así mantemos as cualidades que esta abella conseguiu ao longo de miles de anos, adaptándose ao entorno e, o máis importante, contribuíndo á polinización da flora.
A nosa produción é propia, limitada e artesanal, non usando sistemas de homoxeneizado nin pasteurizado, polo que poden existir pequenas variacións organolépticas en cada envase, así como a cristalización da mesma, sinal inequívoca que o garante.
O Poder das Flores
O Poder das Flores nace do cariño cara ao noso rural galego mesturado cunha enorme paixón polo marabilloso mundo da apicultura.
Todos os nosos produtos son de colleita propia e a nosa meta é sempre ofrecer a máxima calidade e frescura. Ademais, o noso traballo axuda á polinización da flora próxima aos nosos colmeares, mantendo moi viva a biodiversidade e respectando un equilibrio natural.